Reservas

Tarifas 2024

TEMPADA ALTA: Do 9 de xullo ao 9 de setembro.

TEMPADA BAIXA: Resto do ano. ¡Ampliamos a tempada baixa incluindo parte do verán e tódalas pontes!

ESTANCIA MÍNIMA: Unha noite, excepto o mes de agosto (dúas noites) para as habitacións con vistas ao mar.

PERÍODO DE PECHE: Do 23 de decembro ao 07 de xaneiro.

CHECK IN: a partir das 15:00 horas
CHECK OUT: ás 11:00 horas

*A partir das 09.00 horas o cliente poderá deixar as maletas no hotel  se o desexa. No caso de estar a habitación dispoñible, entregaráselle a chave para que poida comezar a disfrutar da súa estadía.

Habitacións Estándar (Caneliñas, Xonás, Simbad, Greenpeace)
Uso T.Baixa T.Alta
Dobre 65.00€ 77.00€
Individual 52.00€
Habitacións con Vistas ao Mar (San Brandán, Moby Dick)
Uso T.Baja T.Alta
Dobre 80.00€ 92.00€
Individual

Extras

Cama supletoria: 15.00 €. 

Cuna: de balde para nenos ata 3 anos.

Almorzo completo: Café con leite, cacao ou infusións (a repetir) + croissant de padaria ou torradas de molete (a repetir), con manteiga, marmelada, aceite virxe de oliva, tomate, mel e queixiño + porción de tarta, biscoito ou queixo con xamón cocido + zume de laranxa natural + froita da estación a elexir + iogur natural ou con anacos de froitas.
Horario de servizo: de 7:00 a 10:00 h.
Prezo: 7.50 €. Opción de ovos con bacón, revolto ou tortilla por 1.00 € máis.

* I.V.A do 10% incluído nos prezos.

Reservas

Condicións de Contratación

1.1 O feito de cubrir e enviar este formulario supón unha solicitude de reserva para Casa da Balea, sita na Rúa Rafael Juan, 44, da localidade de Corcubión en A Coruña, co código postal 15130, en ningún caso supón a realización efectiva da reserva.

1.2 A reserva só será efectiva, cando, tras recibir a solicitude da mesma, a Dirección de Casa da Balea confirme ao cliente solicitante vía e-mail a disponibilidade do aloxamento escollido, nas datas elexidas.

1.3 A Dirección de Casa da Balea comprométese a contestar as solicitudes de reserva nun prazo máximo de 24 horas. Se a solicitude de reserva é confirmada pola dirección de Casa da Balea, esta enviará ao cliente un cálculo detallado do custo da reserva solicitada. Para realizar reservas máis urxentes, por favor contactar co número 652 424 200.

1.4 1.4 Se o cliente non se presentara a ocupar o aloxamento reservado antes das 18:00 horas do día da data de entrada, sen previo aviso e negociación de condicións coa Dirección do Dirección de Casa da Balea, a reserva darase por cancelada, e polo tanto, a Dirección de Casa da Balea disporá libremente do aloxamento en cuestión.

Lin e acepto a política de privacidade

De acordo co establecido pola Lei Orgánica 15/1999, informámoslle que os datos obtidos neste formulario poderán ser incorporados a un ficheiro automatizado baixo a responsabilidade de Rocío Pampín García, propietaria da Casa dá Balea, coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito á nosa dirección: Rúa Rafael Juan, 44 – 15130 Corcubión.

O envío destes datos implica a aceptación desta cláusula.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información