Peregrinos
Creamos un selo singular e simpático para a vosa credencial. Podémovos xestionar o traslado de mochilas e as reservas das vindeiras etapas, sempre con mellor prezo que por internet.
Para os peregrinos, en reserva directa, que pasen unha segunda noite connosco, temos a oferta de ir buscalos de balde a Fisterra a unha hora acordada.
Temos sitio para que gardedes as bicis e tamén vos ofrecemos servizo de lavandaría, podemos organizar as vosas rutas ou reservar nun restaurante próximo dependendo dos vosos gustos.
¡Buen Camino!