Habitación Xonás

Habitación Xonás

Xa no remoto pasado, así aparece no Antigo Testamento, os homes e mailas baleas tiveron unha relación moi particular...

Cuarto dobre, con dúas camas individuais de 0,90x2 m, localizada no primeiro andar. De estilo entre rústico e moderno, posúe un grandísimo armario para que poidades gardar todo o que desexedes, un tamén enorme baño moi luminoso con bidé e bañeira, e acceso a unha ampla e antiga balconada de pedra. Gustaravos a escultura alusiva á historia de Xonás, do artista galego Álvaro de la Vega.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información