Habitación San Brandán
O monxe irlandés penetrou no Atlántico na procura da eternidade, e rematou por atoparse unha illa-balea...
No primeiro andar, pode funcionar como cuarto dobre de matrimonio (cama de 1,50x2 m) ou familiar: como uso dobre, conta cun estar titulado "Pinocho" –tamén foi papado por unha balea- que se pode converter nun segundo durmitorio. Entre os dous cuartos localizase o baño. É un dos cuartos máis luminosos do hotel, pois posúe unha cristaleira cara o mar, e ten o privilexio de contar cunha enorme terraza privativa con vistas á ría, con mobiliario de xardín, plantas e flores. Da decoración sobresae o azulexo do artista portugués Joaquim Pombal (2012), que reproduce unha miniatura medieval xermana da viaxe de San Brandán.