Habitación Caneliñas
É o nome da que foi a derradeira baleeira activa en España, que estivo emprazada na ría de Corcubión.
Cuarto dobre, adaptado para discapacitados, emprazada na planta terrea. Dispón dunha cama de matrimonio de 1,50x2 m e dun amplo baño accesible. A súa decoración, cun grande mural naïf da artista galega Laura Velasco (2013), evoca a relación amable entre baleas e mariñeiros.