A Casa

Casa da Balea

Somos unha Pensión Rústica*** emprazada na vila mariñeira de Corcubión (Conxunto Histórico Artístico) e a un tempo o primeiro Aloxamento Temático de España adicado ó mundo das baleas.

Mesmo diante da porta pasa o Camiño Xacobeo de Santiago a Fisterra, transitado cada ano por milleiros de peregrinos.

Tamén temos fachada con terrazas e xardín ó paseo marítimo, e estupendas vistas sobre o casco histórico, o porto, a ría de Corcubión e mailo mítico monte do Pindo. A praia de Quenxe só dista 10 minutos a pé.

O edificio, de arquitectura tradicional galega en pedra con balconada e galerías, ten máis de 100 anos e ten sido rehabilitado con cariño.

Vaivos sorprender o coidado da decoración, toda ela de temática mariñeira e “baleeira”, con tódolos cuartos diferentes e provistos de obras de arte e pezas de artesanía.

Servizos

Dispomos de...

  • 6 cuartos (dobres e familiares) con televisión e baño completo.
  • Estar e comedor con cheminea no andar terreo.
  • Ampla terraza panorámica con vistas á ría.
  • Un agradable xardín con tumbonas.
  • O salón de lectura "Xulio Verne" con vistas ó porto, cheminea e biblioteca do Camiño de Santiago.
  • Calefacción central.
  • Wifi
  • Servizo de taxi

CHECK IN: a partir das 15:00 horas
CHECK OUT: ás 12:00 horas

*A partir das 09.00 horas o cliente poderá deixar as maletas no hotel  se o desexa. No caso de estar a habitación dispoñible, entregaráselle a chave para que poida comezar a disfrutar da súa estadía.

Tódalas nosas camas están provistas de colchóns viscoelasticos de alta gama. E para que poidades durmir con toda a comodidade as temos posto de 2 m de longo, e as de matrimonio de 1,50 m de largo.

Preparamos almorzos completos con torradas de pan artesán de molete ou croissant, tarta, biscoito ou queixo con xamón cocido, froita da estación a elexir, iogur, zume natural de laranxa, queixiño, marmelada, manteiga, mel, aceite virxe de oliva, tomate, e de bebida café, infusións ou cacao.

Máis información sobre a casa

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información